Neste enlace podedes ver un interesante documental sobre as mestras na República. Cabe destacar a ilusión, o tesón,a formación e a loita extraordinaria destas mulleres pola escola pública de todos e para todos, algo que segue a estar tan de actualidade.
20 DE NOVEMBRO: DÍA DA INFANCIA!!!
É un bo día para celebra cos mais peques e tamén reflexionar un pouco sobre os seus dereitos e deberes.
Aqui vos deixamos un enlace con actividades e uns videos de Pocoyó feitos para UNICEF co gallo do día da infancia. POCOYO E UNICEF
Ola a todos e todas! De novo cambios... sta vez quedamonos no CEIP LUíS PIMENTEL pero por un tempo deixo a aula e seguirei a miña labor docente como orientadora, tentando poñer no meu graiño de area na inclusión e atención á diversidade. Aínda que levarei no corazón aos peques de Román que foron os que inspiraron este traballo.Neste Blog iremos contandovos as cousiñas que vaiamos facendo. Agardamos que vos guste e nos visitedes de cando en vez. Un saúdo.
As ilustracións e imaxes que publicamos neste blog teñen só fins educativos.Facédenos saber, de ser o caso, se teñen dereitos de autor/a para poder retiralas. Moitas grazas