Amosando publicacións coa etiqueta día da poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da poesía. Amosar todas as publicacións

 Así celebramos os nenos de 5anos A o día da árbore e a poesía.
Elaboramos unha árbore con material reutilizable e despois cada un de nos escribiu un poema que colgamos nas polas da nos árbore.
Aqui vos deixamos unhas fotiños:

Desfrutade do día da árbore e a poesía  
ARBOLES Y FLORES CORTOS DISNEY LOS MEJORES (1932)

E para rematar un poemiña sobre Lugo

Un home de Lugo criaba perdices


Un home de Lugo criaba perdices
pra que os namorados se amasen felices.

Criaba perdices con trigo e arroz
pra que os namorados se enchesen de amor.

Con trigo e arroz e verzas ben grandes
pra que os namorados de amor se fartasen.

Con verzas ben grandes e pedras de azucre
pra que os namorados se amasen nas nubes.

Con pedras de azucre e gromos de lirios
pra que os namorados sentisen delirios.

Con gromos de lirios criaba perdices
pra que os namorados de amor se fundisen.

E tantas perdices criou o bon home
que para si mesmo non buscou amores,

e cría que cría, perdendo a memoria
nun pau dun poleiro quedouse sen noiva.

Antón Cortizas."Era unha vez na quimbamba". Tambre

Día poesía



O próximo 21 de marzo celébrase o día da árbore e o día da poesía, asi que aquí vos deixo unha proposta do  CEIP Pintor Laxeiro de Vigo para ir abrindo boca.

List Widget