Amosando publicacións coa etiqueta videos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videos. Amosar todas as publicacións

fincurso

 

Bo verán a todas e todos!!!

gozando do bo tempo

 

 

Gozando do bo tempo!



 Neste enlace podedes ver o proceso realizado coas nosas fabiñas...

👉preparamos o noso horto

Animaladas



Aquí vos deixamos o resultado do libro sobre animaladas que fixemos en colaboración coa aula dos "verdes"

Traballamos en dez grupos, os cales escolleron o animal que mais lles gustou de toda a nformación que nos enviachedes, investigaron sobre el e recollémolo nunha folla do libro.

Agardamos que vos guste.






 

Hoxe comezamos coa nosa aventura como científicos e científicas da auga para axudar ao lobiño cos seus problemas. Como sabedes tivo unha grande inundación na súa casa e o pobre non sabe de onde lle veu tanta auga, así que nos pediu axuda.
Para iso decidimos que tiñamos que aprender cousas sobre a auga para logo poderllas contar ao lobo, a ver se así lle solucionabamos o seu problema.
A primeira cousa que necesitamos aclarar foi de que cor é a auga porque non estabamos nada dacordo. 





COMEZAMOS A TRABALLAR NOS OBRADOIROS
 

OS NENOS E NENAS DA CLASE DE MARILUZ FIXERON ESTE RAP GALÁCTICO COMO FIN DE PROXECTO. AQUI VOLO DEIXAMOS NESTA LIGAZÓN AO BLOGUE DA BIBLIOTECA

 


CICLO DA AUGA








ESTES DÍAS ANDAMOS ENREDANDO COA AUGA E XURDIU A PREGUNTA  ¿DE QUE ESTÁN FEITAS AS NUBES? E BUSCANDO BUSCANDO ATOPAMOS A ESTE "CIENTÍFICO TOLO" QUE NOS EXPLICA CAL É O CICLO DA AUGA.



Xa temos a resolución do concurso NOS TAMÉN CREAMOS, e aínda que non gañamos quedamos coa  experiencia vivida e os bos momentos.
Noraboa aos gañadores. 
Podedes ver as súas creacións en: Gañadores Nos tamén creamos

Hago un circulín

Así facemos o quecemento para psicomotricidade os de infantil.
música : Hago un circulín. CD: Arco de colores



 

Por fin, Aquí podedes ver a curta de " A noite das mudanzas" que fixemos cos peques de 5 anos A. Despois de traballar a reo, rirnos a esgacha e pasalo xenial este foi o resultado final.

Agardamos que vos guste. Nós estamos moi orgullosos e orgullosas do noso traballo.

 Para ver o video pincha aquí: A noite das mudanzas

 

AH!!! QUE SE NOS ESQUECÍA, AQUI PODEDES VER COMO FIXEMOS A CURTA...

 




Neste enlace podedes ver un interesante documental sobre as mestras na República.  Cabe destacar a ilusión, o tesón,a formación  e a loita extraordinaria destas mulleres pola escola pública de todos e para todos, algo que segue a estar tan de actualidade.

Desfrutade do día da árbore e a poesía  
ARBOLES Y FLORES CORTOS DISNEY LOS MEJORES (1932)

E para rematar un poemiña sobre Lugo

Un home de Lugo criaba perdices


Un home de Lugo criaba perdices
pra que os namorados se amasen felices.

Criaba perdices con trigo e arroz
pra que os namorados se enchesen de amor.

Con trigo e arroz e verzas ben grandes
pra que os namorados de amor se fartasen.

Con verzas ben grandes e pedras de azucre
pra que os namorados se amasen nas nubes.

Con pedras de azucre e gromos de lirios
pra que os namorados sentisen delirios.

Con gromos de lirios criaba perdices
pra que os namorados de amor se fundisen.

E tantas perdices criou o bon home
que para si mesmo non buscou amores,

e cría que cría, perdendo a memoria
nun pau dun poleiro quedouse sen noiva.

Antón Cortizas."Era unha vez na quimbamba". Tambre
Chelo, a profe de 5 anos A compartiu connosco esta fantástica historia, sobre a que deberiamos reflexionar docentes e familias. Aqui vos deixamos unha versión musicada e en castelán para que desfrutedes.

 Se non podes ver o video pincha aquí:
 El punto
BOAS FESTAS A TODAS E TODOS

Estes días andamos a prender un pouquiño de francés coa axuda da avoa do noso compañeiro Nadir, que fala moi ben o francés!!  E esta é unha das cancións que nos está a ensinar.

List Widget