Ola familias! As vacacións están a rematar e chega o momento de voltar ás rutinas: o cole, o traballo... Para que todo iso sexa mais levadeiro para os nosos peques aqui vos deixamos unhas recomendacións para afrontar mellor a volta ao cole.(pinchade  no enlace que está debaixo do debuxo)
Recomendacións para a volta ao cole


BO VERÁN A TODAS AS NENAS E NENOS DE EDUCACIÓN INFANTIL.
 Grazas Melani por acompañarnos este curso que acaba, por todas as cousas que fixeches conosco,  por poder compartir tantos momentos entre as dúas aulas e ...pola xoaniña!! Un bico e moita sorte no novo cole.
Un biquiño tamén para Alejandra que o ano que ven non estará no noso cole.
Ah! e ainda que este ano non nos permitiron coñecervos todavía, agardamos con moita ilusión aos novos nenos e nenas de 3 anos que chegarán en setembro.
BO VERÁN A TODOS

PARABÉNS A NEREA, NURIA, DAVID,ALBA, IVÁN, ANTÍA E XURXO... XA SODES DOS MAIORES!!!!


música: One for me (by SackJ022) Licencia Creative Commons

ONTE DESPEDIMOS LAUREN A AUXILIAR DE CONVERSA QUE ESTIVO CON NÓS DENDE OUTUBRO.



O martes pola tarde os nenos e nenas da clase de 3 e 4 anos trouxeronnos unha sorpresa á clase... Unha xoaniña!!! despois de coñecela todos fomos a soltala nas árbores que plantamos detrás do cole.
Aqui vos deixamos as fotos:

List Widget