Bo verán!!!


Xa temos a resolución do concurso NOS TAMÉN CREAMOS, e aínda que non gañamos quedamos coa  experiencia vivida e os bos momentos.
Noraboa aos gañadores. 
Podedes ver as súas creacións en: Gañadores Nos tamén creamos

Hago un circulín

Así facemos o quecemento para psicomotricidade os de infantil.
música : Hago un circulín. CD: Arco de colores



 

Por fin, Aquí podedes ver a curta de " A noite das mudanzas" que fixemos cos peques de 5 anos A. Despois de traballar a reo, rirnos a esgacha e pasalo xenial este foi o resultado final.

Agardamos que vos guste. Nós estamos moi orgullosos e orgullosas do noso traballo.

 Para ver o video pincha aquí: A noite das mudanzas

 

AH!!! QUE SE NOS ESQUECÍA, AQUI PODEDES VER COMO FIXEMOS A CURTA...

 




Neste enlace podedes ver un interesante documental sobre as mestras na República.  Cabe destacar a ilusión, o tesón,a formación  e a loita extraordinaria destas mulleres pola escola pública de todos e para todos, algo que segue a estar tan de actualidade.

celebrando as letras galegas

Aqui vos deixamos unha actividade que levamos a cabo cos nenos e nenas de 5 anos sobre Roberto Vidal Bolaño.
Agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós.

List Widget