O día 24 de abril imos ir ao castelo de San Paio de Narla . Aqui vos deixamos un pouquiño de información para ir abrindo boca. Non dubidedes en levar ao peques.

museosanpaio

Temos un novo compañeiro na aula. O Dragón ZUK, que máxicamente apareceu na nosa aula. O pobre quere voltar á súa casa,un castelo da idade media,pero non sabe como. Así que nós imos axudalo.
Para iso temos que aprender moito sobre a idade media...
Nos axudades?





Hoxe é o día da poesía e ademais xa estamos en primavera, asi que para celebralo aqui vos deixo un poema sobre a primavera da sempre fantástica Gloria fuertes.

ERES TAN CURSI HIJA
QUE NO HAY POR DONDE COGERTE.
HASTA EN FEBRERO CUANDO ESTÁS DESNUDA ERES CURSI,
ADORNADA DE ODAS Y VERGELES NO DIGAMOS.
PRIMAVERA, MÁS QUE CANTARTE TE HAN HECHO VIÑETA CIERTOS  POETAS SIN AGUA,
PERO A PESAR DE TODO TE DEFIENDO,
PORQUE HACES RETOÑAR ESE GERANIO,
QUE SE ME SECA SIEMPRE EN INVIERNO.


Hoxe comezamos coa nosa aventura como científicos e científicas da auga para axudar ao lobiño cos seus problemas. Como sabedes tivo unha grande inundación na súa casa e o pobre non sabe de onde lle veu tanta auga, así que nos pediu axuda.
Para iso decidimos que tiñamos que aprender cousas sobre a auga para logo poderllas contar ao lobo, a ver se así lle solucionabamos o seu problema.
A primeira cousa que necesitamos aclarar foi de que cor é a auga porque non estabamos nada dacordo. 





List Widget