Pages

INVESTIGAMOS A PREHISTORIA

O POLO NORTE

venres, 20 de decembro de 2013

AQUI VOS DEIXAMOS O ENLACE COA WEB DO COLE COAS LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL:
BOAS FESTAS!!

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL

Paula cumple 3 anos

Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
This free greeting card created with Smilebox

mércores, 18 de decembro de 2013

Andrea tamén quixo axudar na decoración...

 Grazas!!

mércores, 11 de decembro de 2013


Álex quixo contribuir á decoración da aula e trouxonos esta postal. E ata nos explicou todo o procesod e elaboración.
Moitas grazas Álex.
Á nosa clase chegou esta semana da man de Nerea esta Lili de plastelina
Grazas Nerea!!!

domingo, 8 de decembro de 2013



O xoves Sergio A. cumpriu 3 anos, e mirade que delicias nos trouxo para celebralo. Moitas Felicidades!!!

luns, 25 de novembro de 2013

Arturo e clementina




Un conto para falar de igualdade
A familia de Vera trouxonos este conto, neste caso da editorial kalandraka e en galego, para que desfrutasemos na aula. Moitas grazas

mércores, 16 de outubro de 2013

POR FIN CHEGOU LILI Á NOSA CLASE

AQUI VOLA PRESENTAMOS




xoves, 10 de outubro de 2013

A NOSA MASCOTA

A SEMANA PASADA CHEGOU A NOSA AULA UNHA CAIXA MISTERIOSA


O ENCARGADO SERGIO G. ABRIUNA E....






HABÍA UNS CONTOS DE ANIMAIS E UNHA CARTA PARA NÓS!!!

PEDIANOS QUE ESCOLLESEMOS UN ANIMAL COMO MASCOTA.
ASI QUE PARA ESCOLLELO MIRAMOS OS CONTOS QUE ERAN DE ANIMAIS E BUSCAMOS POLA CLASE TODOS OS ANIMAIS QUE ATOPAMOS...













TODO ISTO FOI O QUE ATOPAMOS E... DESPOIS DE MOITO DELIBERAR E VOTAR DECIDIMOS QUE A NOSA MASCOTA SERÍA UNHA TARTARUGA CHAMADA LILI.

HOXE SAIRON AS CARTAS PARA OS PAPÁS E AS MAMÁS PEDINDOVOS AXUDA PARA APRENDER COUSAS SOBRE LILI, QUE EN BREVE CHEGARÁ A NOSA AULA. 


MOITAS GRAZAS DE ANTEMAN.

domingo, 1 de setembro de 2013

De volta no cole!!!


Bo inicio de curso a todas e a todos.

sábado, 22 de xuño de 2013

venres, 21 de xuño de 2013


Xa temos a resolución do concurso NOS TAMÉN CREAMOS, e aínda que non gañamos quedamos coa  experiencia vivida e os bos momentos.
Noraboa aos gañadores. 
Podedes ver as súas creacións en: Gañadores Nos tamén creamos

luns, 10 de xuño de 2013

Hago un circulín

Así facemos o quecemento para psicomotricidade os de infantil.
música : Hago un circulín. CD: Arco de colores



xoves, 6 de xuño de 2013

A noite das mudanzas

 

Por fin, Aquí podedes ver a curta de " A noite das mudanzas" que fixemos cos peques de 5 anos A. Despois de traballar a reo, rirnos a esgacha e pasalo xenial este foi o resultado final.

Agardamos que vos guste. Nós estamos moi orgullosos e orgullosas do noso traballo.

 Para ver o video pincha aquí: A noite das mudanzas

 

AH!!! QUE SE NOS ESQUECÍA, AQUI PODEDES VER COMO FIXEMOS A CURTA...

 

xoves, 23 de maio de 2013




Neste enlace podedes ver un interesante documental sobre as mestras na República.  Cabe destacar a ilusión, o tesón,a formación  e a loita extraordinaria destas mulleres pola escola pública de todos e para todos, algo que segue a estar tan de actualidade.

venres, 17 de maio de 2013

celebrando as letras galegas

Aqui vos deixamos unha actividade que levamos a cabo cos nenos e nenas de 5 anos sobre Roberto Vidal Bolaño.
Agardamos que vos guste tanto como nos gustou a nós.

luns, 13 de maio de 2013

EN GALEGO!!

Paco Nogueiras deixanos este karaoke tan axeitado para esta semana e para todo o ano. 
QUE O GALEGO VOS ACOMPAÑE!

xoves, 25 de abril de 2013

martes, 23 de abril de 2013

luns, 1 de abril de 2013


 Preciosa historia titulada "Solo cuatro esquinitas de nada" adaptado por Mayte Calavia con alumnos do CEIP El Espartidero de Zaragoza...


Esa é a escola que queremos...

mércores, 27 de marzo de 2013


 Así celebramos os nenos de 5anos A o día da árbore e a poesía.
Elaboramos unha árbore con material reutilizable e despois cada un de nos escribiu un poema que colgamos nas polas da nos árbore.
Aqui vos deixamos unhas fotiños:

xoves, 21 de marzo de 2013

día da árbore e a poesía

Desfrutade do día da árbore e a poesía  
ARBOLES Y FLORES CORTOS DISNEY LOS MEJORES (1932)

E para rematar un poemiña sobre Lugo

Un home de Lugo criaba perdices


Un home de Lugo criaba perdices
pra que os namorados se amasen felices.

Criaba perdices con trigo e arroz
pra que os namorados se enchesen de amor.

Con trigo e arroz e verzas ben grandes
pra que os namorados de amor se fartasen.

Con verzas ben grandes e pedras de azucre
pra que os namorados se amasen nas nubes.

Con pedras de azucre e gromos de lirios
pra que os namorados sentisen delirios.

Con gromos de lirios criaba perdices
pra que os namorados de amor se fundisen.

E tantas perdices criou o bon home
que para si mesmo non buscou amores,

e cría que cría, perdendo a memoria
nun pau dun poleiro quedouse sen noiva.

Antón Cortizas."Era unha vez na quimbamba". Tambre

luns, 18 de marzo de 2013


Este é o cartel que os nenos de 4 anos A elaboramos para Burbulla.  Esperamos que lle guste...

Ah! Por certo os peixños, cabaliños do demo, estreliñas e cunchas somos NÓS!!! A que non o adiviñabades?

mércores, 13 de marzo de 2013

Día poesía



O próximo 21 de marzo celébrase o día da árbore e o día da poesía, asi que aquí vos deixo unha proposta do  CEIP Pintor Laxeiro de Vigo para ir abrindo boca.

mércores, 6 de marzo de 2013

xoves, 28 de febreiro de 2013


Aquí vos deixo un interesante artigo sobre a educación infantil e a presión que sufren os nosos nenos e nenas ( e as súas mestras) para que aprendan a ler e escribir antes de acceder a primaria... 
Quizais deberiamos reflexionar todas un pouco sobre isto, non?
Pincha no enlace: Sen ler e escribir ata os 6 anos
Chelo, a profe de 5 anos A compartiu connosco esta fantástica historia, sobre a que deberiamos reflexionar docentes e familias. Aqui vos deixamos unha versión musicada e en castelán para que desfrutedes.

 Se non podes ver o video pincha aquí:
 El punto

sábado, 16 de febreiro de 2013

mércores, 6 de febreiro de 2013

O xoves... ZAPATATÓNS DE PAIASO


O mércores...CORBATA DE LUNARES OU PANTALÓN A RAIAS


martes, 5 de febreiro de 2013

o martes... PERRUCA OU SOMBREIRO

domingo, 3 de febreiro de 2013



Comeza o Entroido en Albeiros. Non vos esquezades de traer cada día o que toca!!!

LUNS NARIZ DE PAIASO
ou algo pintado na cara...

xoves, 24 de xaneiro de 2013

Recomendacións de OQO para o día da PAZ