O 20 DE XANEIRO CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE IVÁN D.
AINDA QUE ESTABA UN POUCO MALIÑO NON QUIXO PERDER A CELEBRACIÓN COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO COLE CON TARTA,VELA  E TODO.

Hoxe atopamos unha sorpresa cando chegamos á aula!!! Un tal Cumulonimbo un científico da auga, deixounos unha caixa chea de artiluxios e unha carta preguntándonos se queriamos ser os seus axudantes especiais, e nós como non, respondémoslle que si. Deixamos a carta que escribimos na clase a ver se mañá temos resposta. Temos uns nervios...
Seguiremosvos contando as noticias que teñamos de Nimbo.
Ata pronto




  
XURXO CUMPRIU 4 ANOS O 30 DE DECEMBRO E CELEBRÁMOLO ESTA SEMANA NO COLEXIO 
FELICIDADES!!!!
Ola a todos e todas!! Xa estamos de volta das vacacións.
Volvemos con moitas ganas, e xa estamos desexando ensinarvos novas cousiñas.
Pronto teredes noticias nosas.
 Un saúdo e Feliz ano 2010!!!

List Widget