Hoxe atopamos unha sorpresa cando chegamos á aula!!! Un tal Cumulonimbo un científico da auga, deixounos unha caixa chea de artiluxios e unha carta preguntándonos se queriamos ser os seus axudantes especiais, e nós como non, respondémoslle que si. Deixamos a carta que escribimos na clase a ver se mañá temos resposta. Temos uns nervios...
Seguiremosvos contando as noticias que teñamos de Nimbo.
Ola a todos e todas!! Xa estamos de volta das vacacións.
Volvemos con moitas ganas, e xa estamos desexando ensinarvos novas cousiñas.
Pronto teredes noticias nosas.
Un saúdo e Feliz ano 2010!!!
Ola a todos e todas! Pequebitácora trasládase unha vez máis. Desta vez imos para o CEIP LUíS PIMENTEL moi pretiño do CEIP de Albeiros. Aínda que levarei no corazón aos peques de Román que foron os que inspiraron este traballo.Neste Blog iremos contandovos as cousiñas que vaiamos facendo. Agardamos que vos guste e nos visitedes de cando en vez. Un saúdo.
As ilustracións e imaxes que publicamos neste blog teñen só fins educativos.Facédenos saber, de ser o caso, se teñen dereitos de autor/a para poder retiralas. Moitas grazas