Hoxe comezamos coa nosa aventura como científicos e científicas da auga para axudar ao lobiño cos seus problemas. Como sabedes tivo unha grande inundación na súa casa e o pobre non sabe de onde lle veu tanta auga, así que nos pediu axuda.
Para iso decidimos que tiñamos que aprender cousas sobre a auga para logo poderllas contar ao lobo, a ver se así lle solucionabamos o seu problema.
A primeira cousa que necesitamos aclarar foi de que cor é a auga porque non estabamos nada dacordo. 





POIS O POBRE LOBO TEN UN GRAN PROBLEMA E PIDENOS AXUDA... E PARA BOTARLLE UNHA MAN:
 IMONOS CONVERTER EN CIENTÍFICOS DA AUGA!!!!
UNHA CAIXA CHEA DE COUSAS E UNHA MISTERIOSA CARTA DO LOBIÑO DO BOSQUE!!
IGUAL NOS ACLARA ALGO DOS PARAUGAS...

HOXE AO CHEGAR AO COLE HABÍA UNHA ENORME SORPRESA COLGADA DO TEITO!

QUEN POÑERIA TODOS ESES PARAUGAS AÍ?  E PARA QUE?

List Widget