A SEMANA PASADA CHEGOU A NOSA AULA UNHA CAIXA MISTERIOSA
O ENCARGADO SERGIO G. ABRIUNA E....
HABÍA UNS CONTOS DE ANIMAIS E UNHA CARTA PARA NÓS!!!
PEDIANOS QUE ESCOLLESEMOS UN ANIMAL COMO MASCOTA. ASI QUE PARA ESCOLLELO MIRAMOS OS CONTOS QUE ERAN DE ANIMAIS E BUSCAMOS POLA CLASE TODOS OS ANIMAIS QUE ATOPAMOS...
TODO ISTO FOI O QUE ATOPAMOS E... DESPOIS DE MOITO DELIBERAR E VOTAR DECIDIMOS QUE A NOSA MASCOTA SERÍA UNHA TARTARUGA CHAMADA LILI. HOXE SAIRON AS CARTAS PARA OS PAPÁS E AS MAMÁS PEDINDOVOS AXUDA PARA APRENDER COUSAS SOBRE LILI, QUE EN BREVE CHEGARÁ A NOSA AULA.
Por fin, Aquí podedes ver a curta de " A noite das mudanzas" que fixemos cos peques de 5 anos A. Despois de traballar a reo, rirnos a esgacha e pasalo xenial este foi o resultado final.
Agardamos que vos guste. Nós estamos moi orgullosos e orgullosas do noso traballo.
Neste enlace podedes ver un interesante documental sobre as mestras na República. Cabe destacar a ilusión, o tesón,a formación e a loita extraordinaria destas mulleres pola escola pública de todos e para todos, algo que segue a estar tan de actualidade.
O próximo 21 de marzo celébrase o día da árbore e o día da poesía, asi que aquí vos deixo unha proposta do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo para ir abrindo boca.
Aquí vos deixo un interesante artigo sobre a educación infantil e a presión que sufren os nosos nenos e nenas ( e as súas mestras) para que aprendan a ler e escribir antes de acceder a primaria...
Quizais deberiamos reflexionar todas un pouco sobre isto, non?
Chelo, a profe de 5 anos A compartiu connosco esta fantástica historia, sobre a que deberiamos reflexionar docentes e familias. Aqui vos deixamos unha versión musicada e en castelán para que desfrutedes.
Fantástico traballo reaizado o curso pasado polos alumnos de 6º de E.I do CEIP de Albeiros que foi publicado na web da Consellería. Aquí volo deixamos.
Iniciativa promovida pola Editorial OQO na que 50 centros públicos galegos filmaron varios contos desta edictorial. O traballo foi ralizado polo alumnado do 2º ciclo de E.I. e o 1º e 2º ciclo de primarria.
Ola a todos e todas! De novo cambios... sta vez quedamonos no CEIP LUíS PIMENTEL pero por un tempo deixo a aula e seguirei a miña labor docente como orientadora, tentando poñer no meu graiño de area na inclusión e atención á diversidade. Aínda que levarei no corazón aos peques de Román que foron os que inspiraron este traballo.Neste Blog iremos contandovos as cousiñas que vaiamos facendo. Agardamos que vos guste e nos visitedes de cando en vez. Un saúdo.
As ilustracións e imaxes que publicamos neste blog teñen só fins educativos.Facédenos saber, de ser o caso, se teñen dereitos de autor/a para poder retiralas. Moitas grazas