XA ESTAMOS DE VOLTA!!! NUNS DÍAS VERÉMONOS DE NOVO.
AGARDÁMOSVOS CON MOITA ILUSIÓN!!!!
UN BICO
BOAS VACACIÓNS A TODOS E TODAS
EN SETEMBRO VOLTAREMOS CON MAIS EXPERIENCIAS E MOMENTOS QUE COMPARTIR.

UNHA GRANDE APERTA!!

Proxecto Luz

os novos nenos e nenas de 3 e 4 anos

ASI RECIBIMOS AOS NOSOS NOVOS COMPAÑEIROS PARA O CURSO QUE VEN

Decoramos a clase
Xogamos con eles e elas
Visitamos o cole
 
Ensinámoslles onde colgar as chaquetas
iso si antes lavamos as mans:

BENVIDOS A TODOS E A TODAS
VÉMONOS EN SETEMBRO
Estes días recibimos a visita dos nenos e nenas que van empezar o colexio o curso que ven. Xa nos empezan  a coñecer e case case xa somos amigos. Esperamos con moita ilusión que comece o novo curso para telos por aqui.

Un bico enorme a todos os novos alumnos e alumnas do CEIP Terra Chá
O LUNS ESTIVEMOS COS NENOS DE TERCEIRO CONTANDOLLES O CONTO: UNHA MANCHEA DE BICOS




Aqui estamos nós contando o conto
Estes son os nenos de terceiro escoitando moi atentos:
Levámoslles un pequeno regaliño: unha carta chea de bicos!!! por se acaso algún día lles fan falta.



UNHA MANCHEA DE BICOS a todos e todas!!
ESTES DÍAS ANDIVEMOS ALGO ATAREFADOS COAS IDEAS DE NIMBO, UNHA DELAS FOI A CONTRUCIÓNDUN RELOXO DE SOL (GNOMON) . ASI FOI COMO O FIXEMOS:
1º COLOCAMOS NO PATIO UNHA PICA COMO AGULLA E MARCAMOS CON PELOTAS AS HORAS DO RELOXO.
LOGO MARCAMOS A HORA CON TIZA NO CHAN E COMPARÁMOLA CO NOSO RELOXO DA AULA:
DESPOIS DUN RATIÑO VOLVEMOS A VER SE A AGULLA MOVERA E.... SI!!! MOVEUSE. O SOL MARCABA AS HORAS!!! PERO PORQUE???? ESO DESVELARÉMOLO NUNS DÍAS.

List Widget