Desfrutade do día da árbore e a poesía  
ARBOLES Y FLORES CORTOS DISNEY LOS MEJORES (1932)

E para rematar un poemiña sobre Lugo

Un home de Lugo criaba perdices


Un home de Lugo criaba perdices
pra que os namorados se amasen felices.

Criaba perdices con trigo e arroz
pra que os namorados se enchesen de amor.

Con trigo e arroz e verzas ben grandes
pra que os namorados de amor se fartasen.

Con verzas ben grandes e pedras de azucre
pra que os namorados se amasen nas nubes.

Con pedras de azucre e gromos de lirios
pra que os namorados sentisen delirios.

Con gromos de lirios criaba perdices
pra que os namorados de amor se fundisen.

E tantas perdices criou o bon home
que para si mesmo non buscou amores,

e cría que cría, perdendo a memoria
nun pau dun poleiro quedouse sen noiva.

Antón Cortizas."Era unha vez na quimbamba". Tambre

Este é o cartel que os nenos de 4 anos A elaboramos para Burbulla.  Esperamos que lle guste...

Ah! Por certo os peixños, cabaliños do demo, estreliñas e cunchas somos NÓS!!! A que non o adiviñabades?

Día poesía



O próximo 21 de marzo celébrase o día da árbore e o día da poesía, asi que aquí vos deixo unha proposta do  CEIP Pintor Laxeiro de Vigo para ir abrindo boca.


Aquí vos deixo un interesante artigo sobre a educación infantil e a presión que sufren os nosos nenos e nenas ( e as súas mestras) para que aprendan a ler e escribir antes de acceder a primaria... 
Quizais deberiamos reflexionar todas un pouco sobre isto, non?
Pincha no enlace: Sen ler e escribir ata os 6 anos
Chelo, a profe de 5 anos A compartiu connosco esta fantástica historia, sobre a que deberiamos reflexionar docentes e familias. Aqui vos deixamos unha versión musicada e en castelán para que desfrutedes.

 Se non podes ver o video pincha aquí:
 El punto

List Widget