O próximo 21 de marzo celébrase o día da árbore e o día da poesía, asi que aquí vos deixo unha proposta do CEIP Pintor Laxeiro de Vigo para ir abrindo boca.
Aquí vos deixo un interesante artigo sobre a educación infantil e a presión que sufren os nosos nenos e nenas ( e as súas mestras) para que aprendan a ler e escribir antes de acceder a primaria...
Quizais deberiamos reflexionar todas un pouco sobre isto, non?
Ola a todos e todas! De novo cambios... sta vez quedamonos no CEIP LUíS PIMENTEL pero por un tempo deixo a aula e seguirei a miña labor docente como orientadora, tentando poñer no meu graiño de area na inclusión e atención á diversidade. Aínda que levarei no corazón aos peques de Román que foron os que inspiraron este traballo.Neste Blog iremos contandovos as cousiñas que vaiamos facendo. Agardamos que vos guste e nos visitedes de cando en vez. Un saúdo.
As ilustracións e imaxes que publicamos neste blog teñen só fins educativos.Facédenos saber, de ser o caso, se teñen dereitos de autor/a para poder retiralas. Moitas grazas