Os pasados 6 e 7 de maio celebraronse en Santiago de Compostela os VIII ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL un espazo no que as mestras e mestres desta etapa nos atopamos, falamos, aprendemos, compartimos e podemos escoitar e ver o traballo de grandes mestres e mestras, compañeiros e compañeiras que todos os días están nas aulas cos pequechos, eses que chamamos co permiso das súas familias os "nosos" peques.
Grazas a Eva por brindarnos a oportunidade de escoitar a Miriam Nemirovsky, Javier Abad, Meritxell Bonás, Eulalia Bosh, Ángela Satiro... e que nos "inquietaran" sobre a nosa practica diaria.
Agora toca voltar as aulas... con moitísimas gañas e ilusión!
0 comentarios: