O martes pola tarde os nenos e nenas da clase de 3 e 4 anos trouxeronnos unha sorpresa á clase... Unha xoaniña!!! despois de coñecela todos fomos a soltala nas árbores que plantamos detrás do cole.
Aqui vos deixamos as fotos:
Os pasados 6 e 7 de maio celebraronse en Santiago de Compostela os VIII ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL un espazo no que as mestras e mestres desta etapa nos atopamos, falamos, aprendemos, compartimos e podemos escoitar e ver o traballo de grandes mestres e mestras, compañeiros e compañeiras que todos os días están nas aulas cos pequechos, eses que chamamos co permiso das súas familias os "nosos" peques.